Thursday 02 de May de 2024

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da Amizade


A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade que celebra cada ano a Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña. Neira agradeceu o seu labor á presidenta da Asociación, Rosa Otero, e subliñou a vixencia dos valores desta entidade que vai cumprir 60 anos loitando polo recoñecemento do traballo das mulleres e a corresponsabilidade.

Durante o acto premiouse ás asociadas e presidentas que cumpren 25 anos de vinculación coa asociación e entregouse o Premio á Participación Cidadá 2024 á Cociña Económica da Coruña, que foi recollido polo seu presidente, Jacinto Torres. En nome de Inés Rey, Neira tamén quixo ter un recoñecemento para esta entidade, coa que o Concello colabora activamente para mellorar os seus servizos.

Deja un comentario